Grazas a un bo amigo deste blog descubrín o xogo Euclid: The Game. Nel poderás aplicar algunhas das construcións que fomos mostrando nesta páxina para conseguir pasar unha fase tras outra. Ten incluso un titorial que che permitirá repasar as nocións máis sinxelas, aínda que a ben seguro que se debullaches todas as nosas entradas non o precisarás e poderás enfrontarte (e superar) os sucesivos desafíos.
Fonte: captura de pantalla de https://kasperpeulen.github.io/Level1/.
Boa sorte co xogo, aínda que dubido se desexarche ou non que te enganches, igual "invirtes" nel unhas cantas horas da túa vida...
Ningún comentario:
Publicar un comentario