Amosando publicacións coa etiqueta equilátero. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta equilátero. Amosar todas as publicacións

venres, 25 de abril de 2014

Triángulo equilátero sobre un lado dado (II)

Foi a construción coa que estreamos este blog hai xa uns meses. Imos realizar hoxe a mesma construción pero co condicionante de facelo empregando tan só o compás, ao igual que o feito na entrada anterior.

Esta construción foi observada por Dan Pedoe nun boceto dun estudante anónimo.





Relacionado con isto:


martes, 22 de abril de 2014

Triángulo equilátero nun círculo (II)

Entre as construcións con regra e compás teñen especial interese aquelas que, de feito, se poden realizar tan só co compás (salvo quizais, por suposto, a figura final buscada). Hoxe traemos unha destas, que xa construiramos no seu día pero facendo uso tamén da regra.





Relacionado con isto:

martes, 1 de abril de 2014

Triángulo equilátero sobre unha altura dada

És suficiente coñecer a altura dun triángulo equilátero para poder debuxalo? Si, e aquí podes ver como facelo.






sábado, 29 de marzo de 2014

Triángulo equilátero arredor dun círculo

Seguimos construíndo triángulos, e hoxe toca debuxar un equilátero arredor dun círculo dado.






mércores, 20 de novembro de 2013

Triángulo equilátero nun círculo (I)

A construción dun triángulo equilátero foi a primeira entrada deste blog. Entón fixémolo partindo dun lado dado; agora enfrontaremos a súa construción a partir da circunferencia circunscrita ao triángulo buscado.






domingo, 3 de novembro de 2013

Triángulo equilátero sobre un lado dado (I)

O matemático grego Euclides escribiu, cara o ano 300 a. C., a súa obra Os Elementos, un dos libros de texto máis divulgados dea historia.  Consta de 13 libros, dos cales os 4 primeiros tratan sobre xeometría plana, os 6 seguintes sobre razóns e proporcións e os 3 últimos sobre a xeometría dos corpos sólidos. 

O principal obxectivo do primeiro libro é establecer os fundamentos da xeometría, para o cal fixa 5 postulados básicos e outras 5 nocións básicas, así como realiza 23 definicións. A partir de aí escribe 48 proposicións coas que estuda a teoría dos triángulos, as paralelas e as áreas. 

Na proposición 1 de dito libro I amósanos como debuxar un triángulo equilátero coñecendo un dos seus lados.