Amosando publicacións coa etiqueta sección áurea. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta sección áurea. Amosar todas as publicacións

sábado, 26 de decembro de 2020

Constante de tribonacci con regra marcada

Hai pouco recibín un correo electrónico dun lector (habelos hainos) que me achegaba esta referencia, unha interesante construción exposta por Xerardo Neira.

Este blog está centrado nas construcións elaboradas coas normas clásicas da regra e o compás, mentres que esoutra construción precisa dunha regra marcada. Porén, non me puiden resistir e velaquí está.

Unha regra marcada é, simplemente, unha regra con dúas marcas que indican a medida dunha unidade. Con isto é posible trasladar dita medida a calquera lugar, e así obtéñense elementos e construcións que doutro xeito non son posibles.

Na construción que achegamos nesta entrada pártese dunha circunferencia unidade (de raio 1), e obtense o segmento $AC$, ao que imos chamar $t$. O uso da regra marcada chega no paso 11 da construción, ao apoiala sobre a circunferencia como unha tanxente, de tal xeito que as súas dúas marcas queden unha sobre a recta que pasa por $A$ e $B$ e a outra sobre a tanxente que pasa por $B$. É así como aparecen os puntos $C,D,E$ tales que xacen sobre unha tanxente á circunferencia e que $DC=1$.

Accede á aplicación GeoGebra

Mediante o triángulo $AEC$ obtense:

$$\sin(\angle ACE)=\dfrac{AE}{AC}=\dfrac{1}{t}$$

E mediante o triángulo $DBC$ obtense:

$$\cos(\angle BCD)=\dfrac{BC}{DC}=\dfrac{1-t}{1}=1-t$$

Como $\angle ACE$ e $\angle BCD$ son o mesmo ángulo, a identidade fundamental da trigonometría leva a: 

$$\left(\dfrac{1}{t} \right)^2 + (1-t)^2=1 \quad \Rightarrow \quad \dfrac{1}{t^2}+1-2t+t^2=1 \quad \Rightarrow \quad t^4-2t^3+1=0$$

O polinomio anterior pode factorizarse, e a ecuación queda $(t-1)\cdot (t^3-t^2-t-1)=0$. Esta ecuación ten dúas solucións reais, unha é $t=1$ que corresponde co caso no cal $C=B$, e a outra dada por $t^3-t^2-t-1=0$ é aproximadamente $1,839\dots$

Este último valor é coñecido polo nome de constante de tribonacci; é o límite ao que tenden as razóns de números consecutivos de tribonacci. E que son os números de tribonacci? Pois son os que constitúen a sucesión que comeza polos termos fixos 0, 0, 1 e a partir de aí constrúe o resto de termos mediante a suma dos tres precedentes.

$$0,0,1,1,2,4,7,13,24,44,81,149\dots$$

É doado decatarse de que esta é, dalgún xeito, unha xeralización dos números do Fibonacci, pois as similitudes entre ambas as sucesións son evidentes, así coma entre a constante de tribonacci e o número áureo.

Relacionado con isto:

xoves, 13 de agosto de 2015

Triángulo áureo de Kepler

O triángulo de Kepler, nomeado polo matemático Johannes Kepler, é un triángulo no cal a relación entre os lados está vinculada ao número áureo:

\varphi = {1 + \sqrt{5} \over 2}

Os lados do triángulo estarán en progresión xeométrica, de xeito que:

  1 : \sqrt\varphi : \varphi

Así, os cadrados dos lados do triángulo seguen unha progresión xeométrica dacuerdo co número aúreo:

https://es.m.wikipedia.org/wiki/Archivo:Kepler_triangle.svg
Fonte: Wikipedia.

Para a súa construción, partimos doutra xa vista neste blog, como é a obtención dun rectángulo áureo a partir dun cadrado calquera, e é no rectángulo áureo onde debuxamos o triángulo de Kepler.





Relacionado con isto:


luns, 2 de febreiro de 2015

Espiral logarítmica áurea aproximada nun rectángulo áureo

A espiral logarítmica foi descuberta por Descartes no ano 1638 e posteriormente Jakob Bernoulli dedicoulle un libro, chamándoa spira mirabilis; o nombre lle damos na actualidade débese a Pierre Varignon. Distínguese polo ángulo constante que forma coas rectas radiais dende o seu centro. Con regra e compás tan só se pode construír de forma aproximada.





Relacionado con isto:


domingo, 19 de outubro de 2014

Rectángulo áureo a partir dun cadrado

Seguindo coa nosa serie dedicada á sección áurea, hoxe aprenderemos a construír un rectángulo áureo partindo dun cadrado.






xoves, 16 de outubro de 2014

Dividir un segmento coa sección áurea (IV)

Esta é a última das catro construcións relacionadas coa sección áurea que debemos a Kurt Hofstetter. Esta construción é, ademais, a base para outras que veremos máis adiante relacionadasco pentágono e o decágono.





Relacionado con isto:


luns, 13 de outubro de 2014

Estender un segmento coa sección áurea

Esta construción débese a George Odom, nela os puntos A e B resultan ser os puntos medios de dous lados dun certo triángulo equilátero CEF. En 1983 a American Mathematical Monthly publicou esta construción como o problema E3007.








venres, 10 de outubro de 2014

Dividir un segmento coa sección áurea (III)

Coa de hoxe seguimos a nosa serie de construcións relacionadas coa sección áurea que debemos a Kurt Hofstetter. Até catro distintas veremos nas cales dividiremos un segmento con dita proporción.






Relacionado con isto:





martes, 7 de outubro de 2014

Dividir un segmento coa sección áurea (II)

Coa de hoxe seguimos a nosa serie de construcións relacionadas coa sección áurea que debemos a Kurt Hofstetter. Até catro distintas veremos nas cales dividiremos un segmento con dita proporción.






Relacionado con isto:

sábado, 4 de outubro de 2014

Dividir un segmento coa sección áurea (I)

Coa de hoxe seguimos a nosa serie de construcións relacionadas coa sección áurea que debemos a Kurt Hofstetter. Até catro distintas veremos nas cales dividiremos un segmento con dita proporción.






mércores, 1 de outubro de 2014

Sección áurea (II)

Como xa adiantaramos na nosa última entrada, adentrámonos nunha serie de construcións relacionadas coa sección áurea, parte das cales debemos a Kurt Hofstetter, entre elas a de hoxe.

Euclides referíase á sección áurea como "división en proporción extrema e media", pero grazas ao matemático do s. XVIII Martin Ohm empregamos a máis cómoda denominación de "sección áurea".






Relacionado con isto:

domingo, 28 de setembro de 2014

Sección áurea (I)

Esta construción debémoslla a Kurt Hofstetter, ao igual que outras relacionadas coa sección áurea que veremos no blog en próximas entradas. Todas elas son bastante simples e amosan que facilmente podemos atopar con regra e compás lonxitudes en sección áurea.