Amosando publicacións coa etiqueta área. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta área. Amosar todas as publicacións

xoves, 25 de xuño de 2020

Cadrado tal que a súa área aproxima a de un círculo

Lendo o último número (volume 23, número 2, 2020) de La Gaceta da Real Sociedad Matemática Española, atopo unha construción con regra e compás nin máis nin menos que na portada.

Trátase dun dos primeiros artigos de Srinivasa Ramanujan, no cal constrúe con regra e compás o lado dun cadrado tal que a súa área aproxima a do círculo inicial. Na seguinte imaxe pode verse o debuxo que el trazou a man, que serve como guía para a construción.




A continuación presentamos a construción por pasos elaborada con GeoGebra. É unha das máis longas que temos compartido neste blog, pois require uns cantos pasos intermedios coma o trazado dunha perpendicular ou varias paralelas. De feito, en aras dunha maior simplicidade, permitinme "saltar" pasos en varias ocasións, pero en todas elas están debidamente aclarados e referenciados.



Así, resulta que o lado do cadrado obtido cumpre que $RD^2 = \dfrac{355}{113}\cdot \dfrac{d^2}{4}\sim \pi r^2 $. Podes ver os cálculos que permiten chegar a esa conclusión nalgún dos enlaces seguintes.

Relacionado con isto:

domingo, 7 de setembro de 2014

Círculos concéntricos formando áreas iguais

A media xeométrica, que xa temos tratado neste blog, pode resultar moi útil cuando se traballa con áreas, coma na construción de hoxe. Podes ademais modificar manualmente o número de circunferencias a debuxar.






Relacionado con isto:




xoves, 4 de setembro de 2014

Dous círculos con áreas nunha razón dada

A media xeométrica, que xa temos tratado neste blog, pode resultar moi útil cando se traballa con áreas, coma na construción de hoxe. Podes ademaos modificar manualmente a razón dada.







Relacionado con isto:

luns, 1 de setembro de 2014

Cadrado igual en área que un rectángulo dado

A media xeométrica, que xa temos tratado neste blog, pode resultar moi útil cando se traballa con áreas, coma na construción de hoxe.





Relacionado con isto: