Amosando publicacións coa etiqueta octógono. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta octógono. Amosar todas as publicacións

venres, 27 de xuño de 2014

Octógono regular arredor dun círculo

Ao igual que cando construímos o octógono regular nun círculo, temos que debuxar o cadrado arredor do círculo dado e a partir de aí chegar ao octógono buscado.






martes, 24 de xuño de 2014

Octógono regular sobre un lado dado

Esta construción instrúe ao lector en camiñar unha medida arredor da circunferencia, o que significa que o compás debería estar aberto coa medida do lado dado, e con esa mesma abertura debuxaranse máis arcos en torno á circunferencia centrada até que se atopen todos os vértices do polígono.






sábado, 21 de xuño de 2014

Octógono regular nun círculo

Esta construción baséase en construír un cadrado arredor dun círculo e a partir del debuxar o octógono buscado.






Relacionado con isto:

mércores, 18 de xuño de 2014

Octógono regular dende un cadrado

No apartado anterior aprendemos a construír un octógono nun cadrado; os oito vértices do
octógono xacen sobre os lados do cadrado. A construción que agora traemos permítenos obter tamén un octógono a partir dun cadrado, pero faino de maneira diferente; o cadrado inicial é totalmente interior ao octógono.

Ademais, pode combinarse con esta ou esta outra para proporcionar un octógono de lado dado, comezando coa metade da súa lonxitude como raio para o primeiro círculo.





Relacionado con isto:


domingo, 15 de xuño de 2014

Octógono regular nun cadrado

O octógono obtense doadamente do cadrado, como podemos ver na construción de hoxe, que inaugura a sección dedicada aos octógonos.