Amosando publicacións coa etiqueta papaventos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta papaventos. Amosar todas as publicacións

xoves, 25 de setembro de 2014

Semicírculo nun papaventos con dous ángulos rectos

Volveremos traballar cun papaventos (como o de Penrose) pero agora poremos como restrición que dito papaventos teña dous ángulos rectos opostos. E debuxaremos nela un semicírculo inscrito.





Relacionado con isto:



venres, 19 de setembro de 2014

Círculo nun papaventos

Un papaventos pode ser un xogo infantil, un artefacto voador máis pesado que o aire que voa grazas á forza do vento e a uns fíos que o sosteñen dende o chan. En matemáticas, un papaventos pode ser a forma xeométrica que, xunto coa frecha, forman un conxunto de 2 figuras que teselan o plano de xeito non periódico. Este conxunto foi investigado primeiramente por Roger Penrose.

En ambos os casos a forma da figura é a mesma, e podemos construír un círculo inscrito calculando primeiro o centro do papaventos e despois un dos puntos de intersección do círculo co papaventos, será a perpendicular dun dos lados pasando por ese centro anterior.