Amosando publicacións coa etiqueta hexágono. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta hexágono. Amosar todas as publicacións

xoves, 12 de xuño de 2014

Hexágono regular arredor dun círculo

Partimos dun círculo e construímos un hexágono regular arredor del. Esta construción pode usarse tamén para construír un hexágono regular de anchura dada.





Relacionado con isto:

domingo, 17 de novembro de 2013

Hexágono regular sobre un lado dado

Hai pouco vimos como construír un hexágono regular nun círculo. Hoxe construiremos esa mesma figura, pero tomando como punto de partida un lado dado. 

En xeral, os polígonos regulares verifican que:
 $$Ángulo \ central=\frac{360º}{n}=Ángulo \ exterior \hspace{1cm} Ángulo \ interior={180º} \times {\frac{n-2}{n}}$$
, sendo n o número de lados do polígono.

O cal, no noso caso, significa que o ángulo central e o ángulo exterior dun hexágono regular miden 60º e o ángulo interior mide 120º.






xoves, 14 de novembro de 2013

Hexágono regular nun círculo

O outro día construímos un triángulo equilátero; hoxe dedicarémonos ao hexágono regular. Como sabemos, ambas as figuras son polígonos regulares, nos cales todos os seus lados son iguais e todos os seus ángulos interiores son tamén iguais. 

Un podería preguntarse, é posible construír calquera polígono regular con regra e compás? Imos deixar a pregunta no aire e responderémola máis adiante, de momento centrémonos no hexágono.