Esta construción proporciona unha terceira lonxitude formando unha proporción xeométrica coas dúas dadas.
Amosando publicacións coa etiqueta proporción b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta proporción b>. Amosar todas as publicacións
venres, 29 de agosto de 2014
Terzo proporcional a dúas lonxitudes dadas
martes, 26 de agosto de 2014
Media harmónica
Hoxe traemos unha construción de Howard Eves que amosa a media harmónica. Pode definirse a media harmónica dunha cantidade finita de números coma o recíproco da media aritmética dos recíprocos de ditos valores.
Relacionado con isto:
sábado, 23 de agosto de 2014
Media aritmética e xeométrica
Hai, esencialmente, tres medias diferentes. A media aritmética calculámola como a mitade da suma de dúas cantidades; a media xeométrica como a cantidade tal que é á pequena tanto como a grande é a ela. Cando tres cantidades son tales que a primeira é á terceira como a diferenza entre a primeira e a segunda é á diferenza entre a segunda e a terceira entón a segunda cantidade é a media harmónica.
Esta construción, debida a Pappus de Alexandría, presenta a media aritmética e a xeométrica. Máis xeral, a media aritmética é o valor obtido ao sumar todos os datos e dividir o resultado entre o número total de datos. E a media xeométrica é a raíz n-ésima do produto de n números.
Etiquetas:
media aritmética,
media xeométrica,
proporción
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)