Amosando publicacións coa etiqueta media xeométrica. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta media xeométrica. Amosar todas as publicacións

luns, 15 de decembro de 2014

División xeométrica dun rectángulo

Esta construción permítenos subdividir un rectángulo en rectángulos máis pequenos dun xeito bastante eficiente. Ademais $\frac{1}{2},\frac{1}{4},\frac{1}{8}\dots$ é unha serie xeométrica na cal o termo do medio de calquera sucesión de tres termos é a media xeométrica dos outros dous.






venres, 29 de agosto de 2014

Terzo proporcional a dúas lonxitudes dadas

Esta construción proporciona unha terceira lonxitude formando unha proporción xeométrica coas dúas dadas.






sábado, 23 de agosto de 2014

Media aritmética e xeométrica

Hai, esencialmente, tres medias diferentes. A media aritmética calculámola como a mitade da suma de dúas cantidades; a media xeométrica como a cantidade tal que é á pequena tanto como a grande é a ela. Cando tres cantidades son tales que a primeira é á terceira como a diferenza entre a primeira e a segunda é á diferenza entre a segunda e a terceira entón a segunda cantidade é a media harmónica.

Esta construción, debida a Pappus de Alexandría, presenta a media aritmética e a xeométrica. Máis xeral, a media aritmética é o valor obtido ao sumar todos os datos e dividir o resultado entre o número total de datos. E a media xeométrica é a raíz n-ésima do produto de n números.