Amosando publicacións coa etiqueta tanxente. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta tanxente. Amosar todas as publicacións

domingo, 24 de abril de 2022

Circunferencia moi tanxente

A entrada de hoxe tomeina do blog Matemáticas Educativas. Vin alí unha construción que me gustou, e simplemente dediqueime a reconstruíla á miña maneira, así que para el a miña gratitude e todo o recoñecemento.

Este problema enmárcase dentro dos wasan, unhas matemáticas xaponesas que se desenvolveron na illa en anos con nulas influencias do exterior. Nelas podemos atopar os coñecidos Sangaku, problemas xeométricos escritos sobre táboas, das que a construción desta entrada é un bo exemplo.

O problema é o seguinte: sexan dúas circunferencias de igual raio, de tal xeito que o centro de cada unha pertence á outra. Constrúe unha circunferencia que sexa tanxente á recta $AB$, tanxente interior a unha das rectas e tanxente exterior á outra.

Sexan $AB=a$, $AE=x$, $EG=r$, sendo este último o raio da circunferencia buscada. Pode aplicarse o teorema de Pitágoras no triángulo rectángulo $BEG$, o cal nos asegura: 

$$(a+r)^2=r^2+(a+x)^2$$

Procedendo agora co mesmo teorema no triángulo rectángulo $AEG$, tense: 

$$(a-r)^2=r^2+x^2$$

Desenvolvendo as parénteses:

$$ a^2+2ar+r^2 = r^2+a^2+2ax+x^2 \quad \Rightarrow \quad 2ar=2ax+x^2 $$

$$ a^2-2ar+r^2 = r^2+x^2 \quad \Rightarrow \quad a^2-2ar=x^2 $$

Restando ambas as expresións, obtense que $4ar-a^2 = 2ax$, e dividindo entre $2a$ e reordenando chégase a que $x+\dfrac{a}{2}=2r$. Isto significa que o lado do cadrado $CDEF$ vén ser o diámetro da circunferencia buscada.

Accede á aplicación GeoGebra

Relacionado con isto:

sábado, 14 de marzo de 2020

Recta tanxente a unha cónica por un punto exterior

Hoxe é o día internacional das matemáticas, e dende este blog quero sumarme á celebración e ofrecer unha pequena aportación no eido das construcións con regra e compás.

http://idm314.es/


Hai pouco compartín no blog a construción da recta tanxente por un punto dunha cónica. Mentres lle daba voltas ao asunto ocorréuseme a mesma cuestión, pero sendo o punto exterior á cónica. Ao pouco, batín con ela aquí, na páxina web persoal de Ricardo Barroso. Ese documento que comparte Barroso é un enfoque práctico para as construcións con regra e compás no caso de termos tan só os cinco puntos que definen a cónica, pero non a cónica en si. Porén, a construción que aquí achegamos si que a considera coñecida.

Ao igual que no caso da tanxente por un punto da cónica, unha curiosidade desta construción é que de feito se pode realizar empregando tan só a regra. Podemos novamente facer descansar ao compás.




Relacionado con isto:

mércores, 22 de xaneiro de 2020

Recta tanxente por un punto dunha cónica

Enredando con outra construción relacionada con cónicas, nun dos pasos era necesario trazar a recta tanxente que pasa por un punto da cónica. Obviamente, se coñecemos os focos da cónica (e a directriz, no caso da parábola) é doado obter esa tanxente como a bisectriz do ángulo exterior que forman os radios vectores no punto (no caso da parábola usamos tamén a perpendicular á directriz).

Porén, cinco puntos determinan unha cónica (moi chulo este applet de Ignacio Larrosa). E nese caso a obtención de dita tanxente non é tan obvia. Navegando pola rede atopei unha fermosa explicación de Paul Kunkel que se basea no teorema de Pascal.

Este teorema asegura que se un hexágono arbitrario $ABCDEF$ está inscrito nunha cónica, e se estenden os pares de lados opostos ata cortarse, os tres puntos $J, K, L$ nos que se intersecan están aliñados, e dita recta é coñecida como a recta de Pascal.

Se achegamos o punto $F$ cara o punto $A$, a recta $AF$ achégase á recta tanxente que pasa por $A$. Deberiamos construír entón esa recta $AF$ no caso no cal $A$ e $F$ son coincidentes, pero resulta que dita líña $AF$ non é necesaria para construír o punto $L$, que é a intersección de $CD$ e a recta de Pascal $JK$. E así podemos trazar a tanxente buscada como a recta $AL$.

Unha curiosidade desta entrada é que se trata, de feito, dunha construción que se pode realizar empregando tan só a regra. Podemos facer descansar ao compás.

E estade atentos á próxima entrada, pois nela faremos un uso non explícito da construcción do día de hoxe.

Nota: por comodidade, no applet úsanse como puntos $A,B,C,D,E$ os cinco puntos que determinan a cónica.
 





Relacionado con isto:
  • Whistler Alley, a páxina web de Paul Kunkel de onde obtiven esta construción.

venres, 23 de outubro de 2015

Dous círculos tanxentes interiores, e entre si, de centros aliñados co dado

Saquei esta construción dun dos retos que se propoñen na páxina web sciencevsmagic: partindo dun círculo, achar dous círculos tanxentes e interiores e tanxentes entre si, de xeito que os centros dos tres círculos están aliñados.






martes, 9 de decembro de 2014

Tres círculos tanxentes nun triángulo isóscele

Esta construción é certamente complicada, pero aplícase a calquera situación axustada aos seus puntos de partida.

Por exemplo, para inscribir perfectamente 22 círculos nun heptágono regular une os seus vértices ao centro e usa esta construción en cada un dos triángulos isóscele formados, encontrando así 21 círculos. Engade outro círculo central e aí están os 22 círculos tanxentes.






sábado, 6 de decembro de 2014

Oito círculos tanxentes nun círculo

Los círculos tangentes que obtenemos en esta construcción están en proporción 3:2:1.




mércores, 3 de decembro de 2014

Tres círculos tanxentes entre dúas rectas

Esta construcción es ciertamente complicada, pero se aplica a cualquier situación ajustada a sus puntos de partida.




domingo, 9 de febreiro de 2014

Círculos tanxentes a unha recta e un círculo dados o centro e un punto deste

Como na entrada anterior, partimos dun círculo (do cal coñecemos o centro) e unha recta exterior dados, e construiremos dous círculos tanxentes a ambos. A diferenza con aquela aparece no feito de que agora o punto de tanxencia común atópase no círculo dado, mentres que entón estaba na recta dada. Así, os dous círculos que obtemos son tangentes exteriores.





Relacionado con isto:

xoves, 6 de febreiro de 2014

Círculos tanxentes a outro círculo dado o centro deste e unha recta por un punto exterior

Neste caso partimos dun círculo dado (do cal coñecemos o centro) e unha recta que non corta a ese círculo. Construiremos dous círculos tanxentes tanto ao círculo como á recta de partida. Como o punto de tanxencia á recta debe ser o punto dado A, os dous círculos obtidos serán un interior ao outro.






luns, 3 de febreiro de 2014

Tres círculos tanxentes dados os seus centros

Neste caso imos construír tres círculos tanxentes partindo dos seus centros. En principio obteremos circunferencias exteriores, pero se probas a modificar os puntos auxiliares do paso 3 conseguirás dous círculos tanxentes interiores ao terceiro.






venres, 31 de xaneiro de 2014

Círculo tanxente a tres rectas

Acometemos agora unha construción cun nivel máis de dificultade, o círculo tanxente a tres rectas. Debes ter coidado no paso 5 ao elixir as tanxentes interiores ou exteriores, así como no paso 7 ao elixir os puntos de intersección, pois se non o fas correctamente podes obter un círculo non tanxente ás tres rectas.






martes, 28 de xaneiro de 2014

Círculo tanxente a unha recta por dous puntos equidistantes

Os dous puntos dados, P, Q, son equidistantes á recta. Podes modificar esa distancia movendo o punto vermello que aparece á dereita de P e Q.






sábado, 25 de xaneiro de 2014

Círculo tanxente a unha recta por un punto exterior e outro interior

Seguimos coa serie que comezamos recentemente: círculos tanxentes.

Para comprobar se a regra é recta, traza unha liña recta a través de dous puntos a certa distancia un de outro. Xira a recta 180º e, empregando o mesmo bordo, debuxa outra liña. Se as dúas liñas encerran un espazo, entón a túa regra non é recta.







mércores, 22 de xaneiro de 2014

Recta tanxente a un arco por un punto

Seguimos coa nosa colección de construcións de tanxentes acometendo o trazado da recta tanxente a un arco que pasa por un punto dado de dito arco.






domingo, 19 de xaneiro de 2014

Círculo de raio dado tanxente a dous lados

Debuxar rectas tanxentes a círculos é en certa medida bastante flexible, debuxar círculos tanxentes de xeito simultáneo a máis dunha recta non o é. Esta construción é, pois, certamente máis difícil de realizar con lapis, regra e compás que as que realizamos nas últimas entradas.






xoves, 16 de xaneiro de 2014

luns, 13 de xaneiro de 2014

Rectas tanxentes externas a dous círculos distintos

Despois de ter construído tanxentes a dous círculos de igual raio, agora dedicarémonos ao caso de dous círculos de distinto raio. Funciona para círculos separados, tanxentes e secantes. Pero ollo, tal e como está feita a construción, o círculo de maior raio debe ser o de centro O.





Relacionado con isto:


venres, 10 de xaneiro de 2014

Rectas tanxentes internas a dous círculos iguais

Aprenderemos hoxe a construír as tancentes internas a dous círculos de igual raio.





Relacionado con isto:

martes, 7 de xaneiro de 2014

Rectas tanxentes externas a dous círculos iguais

Aprenderemos hoxe a construír as tanxentes externas a dous círculos de igual raio. Ollo, para obter o resultado desexado os dous puntos auxiliares -marcados en azul- deben deixar entre eles un, e sé un, dos centros dos círculos.





sábado, 4 de xaneiro de 2014

Rectas tanxentes a un círculo formando un ángulo dado

Siguindo coa nosa serie de tanxentes, nesta entrada imos complicar un pouco máis a construción buscando o xeito de construír as tanxentes a un círculo de maneira que esas dúas rectas tanxentes formen un ángulo dado.