Outra maneira máis de construír a recta paralela a unha recta dada a unha distancia prefixada. Require a utilización de seis circunferencias auxiliares, cinco das cales teñen como raio a distancia inicial.
É a quenda de construír unha recta paralela a unha recta dada a unha distancia prefixada usando un método alternativo ao da nosa última entrada. O que agora presentamos é máis sinxelo, pero é un pouco enganoso porque a paralela non se debuxa pasando por dous puntos ben establecidos, senón tanxente a dúas circunferencias de xeito bastante "a ollo".
Imos ver hoxe como construír unha recta paralela a unha recta dada a unha distancia prefixada. Farémolo debuxando dúas rectas perpendiculares á recta inicial e marcando nelas a distancia requerida.
A proposición 2 do libro I de Os Elementos de Euclides
permite debuxar nun punto dado unha recta de distancia igual a unha dada.
Con este xeito de transferir unha distancia dada, Euclides podía coller unha distancia entre dous puntos e debuxar un círculo de raio igual a dita distancia e centrado en calquera outro punto. Así, unha construción con regra e compás permitirá realizar dita transferencia, e de feito estes pasos adicionais simplemente non se repetirán en construcións sucesivas.