Un papaventos pode ser un xogo infantil, un artefacto voador máis pesado que o aire que voa grazas á forza do vento e a uns fíos que o sosteñen dende o chan. En matemáticas, un papaventos pode ser a forma xeométrica que, xunto coa frecha, forman un conxunto de 2 figuras que teselan o plano de xeito non periódico. Este conxunto foi investigado primeiramente por Roger Penrose.
En ambos os casos a forma da figura é a mesma, e podemos construír un círculo inscrito calculando primeiro o centro do papaventos e despois un dos puntos de intersección do círculo co papaventos, será a perpendicular dun dos lados pasando por ese centro anterior.
Ningún comentario:
Publicar un comentario