Grupos de círculos tanxentes poden ser complicados de construír, pois a intersección de tales dúas figuras pode facerse moi sensible ao ollo humano, podendo estar ante unha construción errónea que pareza correcta. Para axudarnos neste tipo de construcións, un consello pode ser tomar en distintos pasos algunhas aperturas de compás que deban ser iguais e comprobar que efectivamente o sexan.
Na construción de hoxe debuxaremos sete circunferencias interiores a outra dada, todas elas de igual raio, con seis delas tanxentes á exterior e a sétima concéntrica a esta e tanxente ás outras seis.
Ningún comentario:
Publicar un comentario