No tratado 'Sobre as espirais' Arquímedes define a espiral que na actualidade recibe o seu nome. A espiral de Arquímedes é o lugar xeométrico dun punto movéndose a velocidade constante sobre unha recta que xira sobre un punto de orixe fixa a velocidade angular constante.
Esta construción é simplemente unha aproximación a esa espiral, pois desafortunadamente as espirais de Arquímedes non se poden debuxar de forma exacta con regra e compás. É, non obstante, máis exacta que a que vimos o outro día, aínda que máis difícil de obter.
Relacionado con isto:
Ningún comentario:
Publicar un comentario