Seguiremos coa colección que iniciamos na entrada anterior, nin máis nin menos que a construción de cónicas. Hoxe imos coa hipérbola, e de novo faremos a construción de tal xeito que podemos chegar a tantos puntos como queiramos, formando
parte todos eles da hipérbola. E aproveitando as virtudes do GeoGebra,
de forma dinámica veremos aparecer a
hipérbola mentres imos debuxando un bo feixe dos seus puntos.
E sen máis procedemos a compartir a construción, que xa contén os comentarios explicativos necesarios.
Relacionado con isto:
- Páxina persoal de Ángel Montesdeoca, na que podemos atopar moita información relacionada coa construción de cónicas.
- Elipse dados os seus semieixos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario