Hai pouco achegabamos as dificultades que enfrontaban os estudantes xudeus cando
querían acceder á Facultade de Matemáticas da Universidade de Moscú, aló
polos anos 70.
Tanya Khovanova e Alexey Radul compartiron unha listaxe de problemas
que se propoñían na proba oral ao estudantes xudeus. Todos tiñan un
aquel que os facía especialmente difíciles, e algúns deles eran
construcións con regra e compás, coma o problema 16 desa listaxe, que é o
que traemos hoxe ao blog:
Dados dous segmentos paralelos, divide un deles
en seis partes iguais empregando só a regra.
Aínda que o problema da listaxe pide facer a división en seis partes, o método vale para calquera outra cantidade, e a construción está feita para calquera até oito. Trátase, ademais, dunha construción
na cal só empregamos a regra, deixando descansar o compás; xa temos falado no blog sobre este tipo de construcións. No seu día xa trouxeramos ao blog esta mesma construción pero permitindo o uso do compás.
Relacionado con isto:
- Problema para xudeus (1).
- Problema para xudeus (2).
- Problema para xudeus (3).
- Problema para xudeus (4).
- Alexandre Shen explicando a historia desta discriminación.
- Listaxe de "problemas para xudeus", por Tanya Khovanova e Alexey Radul.
- Teorema de Mohr-Mascheroni.
- Dividir un segmento en partes iguais, pero usando tamén o compás.
Ningún comentario:
Publicar un comentario