martes, 5 de setembro de 2023

Recompilación de todas as entradas

Como ultimamente o blog non ten moita actividade que digamos, vou actualizar a recompilación de todas as entradas que fun compartindo aquí ao longo dos anos, con todo o publicado até o día de hoxe, 05/09/2023. A anterior databa do 01/09/2021, un par de anos nos que tan só engadín 4 apartados. Non está no seu mellor momento o blog, non, pero en total son máis de duascentas construcións en novembro do 2013. Vai aló case unha década e 227 entradas.

A recompilación stá en formato pdf e ocupa 259 páxinas incluíndo portada, índice de contidos, limiar, índice alfabético e bibliografía, ademais da morea de construcións que os seguidores asiduos do blog xa coñecen.

Deste xeito, queda todo o blog condensado nunha soa obra de consulta. Para poder acceder ao pdf, pincha no seguinte enlace ou na imaxe:





Os cambios introducidos na versión 2 son:
  • Corrección de erratas.
  • Engadido o apartado sobre o pentadecágono regular sobre un lado dado.
  • Engadido o apartado sobre o pentadecágono regular nun círculo. 

Os cambios introducidos na versión 3 son:
  • Corrección de erratas.
  • Engadido o apartado sobre o cadrado dende a diagonal.
  • Engadido o apartado sobre a recta tanxente por un punto dunha cónica.
  • Engadido o apartado sobre o centro dunha cónica.
  • Engadido o apartado sobre a recta tanxente a unha cónica por un punto exterior.
  • Engadido o apartado sobre a cónica determinada por tres puntos.
  • Engadido o apartado sobre o método de Rytz para unha elipse.
  • Engadido o apartado sobre a bisecación un segmento usando só o compás (2). 
Os cambios introducidos na versión 4 son:
  • Entrada do cadrado tal que a súa área aproxima a de un círculo.
  • Entradas dos problemas para xudeus (1), (2), (3), (4) e (5).
  • Novo capítulo para a regra marcada.
  • Entrada da constante de tribonacci con regra marcada.
  • Entradas da trisección dun ángulo con regra marcada (1) e (2).
  • Entrada da raíz cúbica de 2 con regra marcada.
  • Entrada do heptágono regular con regra marcada (1) e (2).
  • Entrada de construíndo pi aproximado.
  • Entrada do eneágono regular con regra marcada.
  • Entrada do tridecágono regular con regra marcada.
  • Entrada dos polígonos regulares construíbles con regra marcada.
  • Entrada dos elementos da elipse.
  • Entrada dos elementos da hipérbola.
  • Cambios na entrada de polígonos regulares construíbles con regra e compás.
  • Cambios na entrada dos tres problemas clásicos.
Os cambios introducidos na versión 5 son:
  • Entrada de Perpendicular ao diámetro por un punto da circunferencia.
  • Entrada de Circunferencia moi tanxente.
  • Entrada de Triángulo isóscele dadas a altura e a suma de dous lados.
  • Corrección de abreviaturas.
  • Entrada de Duplicar un cadrado (2).

Ningún comentario:

Publicar un comentario