Antes de nada, en tal data como a de hoxe debo comezar desexando un feliz ano novo a todas as lectoras e os lectores deste blog. Feliz 2020!
Ao longo dos anos xa temos partillado un feixe de construcións coas que obter un cadrado, por exemplo dado un lado, dada a circunferencia circunscrita ou dada a circunferencia inscrita. Porén, aínda non trouxeramos esta sinxela construción, na que se debuxa un cadrado partindo da súa diagonal.
É moi doada xa que consiste simplemente en trazar a mediatriz do segmento de partida e a continuación a circunferencia con centro no punto medio obtido con esa mediatriz.
Relacionado con isto:
- Páxina web persoal de José Manuel Arranz, onde podes ver numerosas construcións e curiosidades.
Ningún comentario:
Publicar un comentario