Como ben sabemos grazas ao traballo de Gauss e mais de Pierre Wantzel,
o pentadecágono regular é un dos polígonos regulares que si é
construíble con regra e compás, pois cos seus 15 lados é o produto de
dous primos de Fermat xa que $15 = 3\cdot 5$.
A construción que podes ver aquí é a mesma que atopei na Wikipedia. É similar á que daba Euclides en Os elementos, na proposición XVI do libro IV (ver páxinas 73 e 74 deste enlace).
Relacionado con isto:
Ningún comentario:
Publicar un comentario