Nesta contrución pouco
a pouco vanse obtendo os elementos dunha hipérbola, debuxada inicialmente
coa ferramenta 'Cónica pasando por cinco puntos' que ofrece GeoGebra.
No paso 28 obtense o centro da hipérbola. No paso 36 temos un dos eixes, e no paso 42 o outro; xusto a continuación obtéñense os vértices. Até aí, a construción é totalmente equivalente á que fixeramos para a elipse. O que segue xa diverxe daquela, e para achar os focos vaise usar unha recta tanxente a un punto da hipérbola. Unha vez achados estes, a construción remata co trazado das asíntotas.
Obviamente, se moves os cinco puntos iniciais podes cambiar o tipo de cónica; este applet non está adaptado para eses casos. Ademais, ten coidado como sitúas os diferentes puntos, pois nalgúns casos pode non funcionar ben.
Relacionado con isto:
- Recta tanxente por un punto dunha cónica.
- Elementos da elipse.
- Centro dunha cónica.
- Cónica determinada por cinco puntos.
- Cónicas, por Agustín Carrillo e Manuel de León, ed. Los Libros de la Catarata.
- Apolonio e as cónicas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario